Eventos de 2023

Resumen de las actividades realizadas por Toxos e Xestas en 2023

 

Entroido

O 19 de Febreiro de 2023 celebramos "El Carnestoltes", o noso particular entroido, onde como é tradición honramos a tradición gastronómica das nosas orixes. É a festa máis popular, dentro das festas da nosa asociación, o cocido galego, a torta de Santiago e a "Queimada ben esconxurada" é o que destacamos entre as cancións, as gaitas e o concurso de disfraces.

Presentación del disco

O 4 de Marzo de 2023 foi unha data moi importante para nós, a mellor sen dúbida desde a Pandemia. Tivemos o pracer de presentar en concerto "Todos os Camiños, todas as Galicias", o último disco de Toxos e Xestas, no Teatre de Sarrià, situado no barrio de Sarrià-Sant Gervasi, xunto a T-Folk, Marc Urgell e Cor Turull, como colaboradores estrela.
Un teatro cheo, un público agradecido e unha velada chea de emocións, convertérono nun acto inesquecible.

Visita Tortosa

O 18 de Marzo de 2023 estivemos a celebrar o San Patricio en Tortosa onde levamos o son das gaitas polas rúas de Tortosa, ata chegar ao Concello. Xunto á Banda Municipal de Tortosa, e outras agrupacións, houbo mostras individuais de todas as asociacións alí concentradas ante un público moi agradecido.

sigean

O 30 de abril fixemos un saida todo o dia a Francia, estivemos na Reserva Africana de Sigean onde pasamos unha mañá do mais fructífera, vimos animais en semi libertade super ben coidados con un guia que soupo manter o noso interese todo o tempo. Despóis comemos en Narbona e visitamos o casco antigo da cidade. Levamos algo mais que recordar en familia.

casa cantabria

O pasado 16/04/23 estivemos convidados á a festa do Ano Jubilar Lebaniego 2023 na Casa de Cantabria. Además de facer mostra das nosas actividades, pasamos un serán de Foliada co grupo Dulzaina Sierte y Vega de Duero

sant jordi'23

O 23 de abril, estivemos co Actor galego Rubén Riós nas míticas Ramblas de Barcelona y entre multitud de xente promocionando o novo disco de Toxos e Xestas , Todos os Camiños, todas as Galicias

Logo

© Derechos de autor. Todos los derechos reservados.