O vindeiro 4 de marzo de 2023 ás 17:30 h. terá lugar a presentación do novo disco de A.C. Toxos e Xestas no Teatre Sarrià situado na c/ del Pare Miquel de Sarrià, onde a nosa banda actuará en colaboración con Grup de Gospel Cor Turull, Marc Urgell e Patricia Roca.
Despois do tempo que vivimos, lanzamos con moita ilusión este novo disco, un disco que nace das ganas, a ilusión e o amor pola música.