Banda de Gaitas

A banda de gaitas "Toxos e Xestas" nace xunto coa asociación, e despois de case 40 anos de traballo, os centos de gaiteiros e percusionistas que pasaron por ela fan que sexa considerada unha das Bandas de Gaitas máis importantes de Galicia no estranxeiro.   

Desde os seus inicios mantivo a mesma forma de traballar, baseada no dominio do instrumento, e no coñecemento da teoría musical dos seus membros. 

Para iso nútrese do alumnado que asiste aos niveis inferiores da escola de gaitas, e dos grupos de iniciación de percusión e pandeireta.

 A nosa banda está formada por diversos compoñentes, repartidos entre gaitas, batería, bombo, timbales e pandeiretas.

Logo

© Derechos de autor. Todos los derechos reservados.