A Escola de Gaitas e Danzas Galegas Toxos e Xestas naceu en 1977, cando un grupo de estudantes (baixo a iniciativa de Xosé Lois Foxo) cheos de ilusión e con ansias de comparti-la súa cultura, decidiron loitar a favor da súa música e do seu folclore.
Iniciaron a súa labor nun barrio de Gràcia (Barcelona), onde os propietarios do Rte. Sporting, cederon gustosos un salón durante varios anos... mais a escola medrou considerablemente e aquel salón fíxose pequeno.
Necesitabamos dun local mais espacioso e trasladámonos a Font- Trobada, un lugar que cumpría mellor as previsións, e foi alí onde en 1983 se constituíu como asociación cultural con Xosé Lois Foxo, Jesús López, Concepción Aira, Evaristo Foxo e Consuelo Sanz como socios fundadores.
A nosa sede actual está situada no primeiro andar do Mercat de Ntra. Sra. del Port, c/ Bronze nº 7 de Barcelona. Por causa do derrubamento do mercado e a vindeira construción de vivendas e locais comerciais, trasladámonos temporalmente ó Centro Cívico "El Rellotge", situado no Passeig de la Zona Franca (fronte ó centro comercial BAUHAUS).
A principal actividade da Escola, ó longo de toda a súa existencia, foi promover unha paixón en común, Galicia; a súa lingua, a súa música, os seus bailes, as súas tradicións,... a través do ensino e a organización de actos vinculados directa ou indirectamente con ela. As clases están repartidas en cinco niveis de gaita, cinco niveis de danza, unha clase especializada en percusión e unha clase de canto e pandeireta, ademais de combinar diferentes actividades extra académicas para manter a actividade dos nenos e non tan nenos, fora da hora de clases.
|