Fallado o premio de poesia Maria Mariño


Este sábado tivo lugar en Teo o fallo do Premio de Poesia Maria Mariño convocado pola Asociación Teenses Póla Igualdade e patrocinado pola compostelana librería, Follas Novas.
Un xurado de luxo composto por Marilar Aleixandre poeta , Salvador Garcia Bodaño, escritor e membro da Real Academia Galega,Xosé Amancio Liñares Girau, escritor,  Camiño Noia escritora e Helena Villar presidenta do Padroado Rosalia de Castro, decidiron elexir como gañador dos 1.000 euros correspondentes o primeiro premio, a Adolfo Caamaño Vázquez polo poema entitulado “Elexía dos Aléns”.

Resultou gañador do segundo premio dotado com 500 euros, Marcelino Sixto Deibe que se presentou co poema “Xinete no cabalo da memoria”.
Tanto o Xurado como a representante de Teenses Pola Igualdade, Rosa Gómez Limia manifestaron a súa satisfacción pólo alto grado de participación a este Primeiro Premio o que se presentaron 83 traballos procedentes de diversos puntos xeográficos da Penínsulacomo tamén do extranxeiro.

Nun solemne acto a celebrar o vindeiro 18 de maio no Pazo de Adrán de Teo Calo terá lugar a entrega dos galardóns os gañadores

NOTA DE PRENSA
Teo-6-5-07