Ofrenda floral ó busto que a Entidade posúe de Castelao

ImageSábado 22

Centro Galego de Barcelona ás 19h.

Ofrenda floral ó busto que a Entidade posúe de Castelao.

Saída do Centro Galego coa imaxe de Santiago, en procesión ata a Catedral, amenizada polo grupo de gaitas do Centro e encabezada polos Lanceiros Guarda Urbana.

 
Catedral de Barcelona ás 20 h.

Misa solemne en honra a Santiago, cantada polo Coro Lonxe da Terra do Centro Galego de Barcelona e maila Coral da Irmandade A Nosa Galiza de Mollet. Unha vez finalizada a misa de volta ó Centro Galego, convidarase ós asistentes a unha copa de viño.