Curso de Gaita, percusion e baile en moaña

Con motivo do XXII Festival Intercéltico de Moaña, do mércores 26 e ate o sábado 29 de xullo, haberá obradoiros nos que se impartirán aulas de percusión, gaita, baile galego e baile bretón no Centro Cultural Ramón Cabanillas. Os cursos son totalmente gratuítos.

PROFESORES:

                    Percusión tradicional ------------------ Alberto Costas

                    Gaita galega ----------------------------- Diego Mariño               

                    Baile galego ----------------------------- Serxio Cobos

                    Baile bretón ----------------------------  Xesús Cancelas

  

   Para anotarse nos obradoiros ou pedir información, podedes facelo chamando ó 605 094 203 (Manolo Cobas)
                               
O venres e sábado, despóis dos concertos, alongaranse as noites de festa con actividades de SERÁN onde os asistentes ó Festival poderán tocar instrumentos e bailar ata altas horas de madrugada. Estás reunións faranse preto da Zona de Acampada no Campo de Fútbol da Xunqueira.

      Para quen tamén quera información sobre o festival, podedes visitar a súa web http://www.festivalinterceltico.com/